Mina de Corcoesto: Saúde ambiental e economía son compatibles?

A xunta de Galicia aprobou un proxecto de explotación estranxeira no cal se especula extraer 30 toneladas de ouro durante 9 anos da mina de Corcoesto.
2 Xuño 2013
Corcoesto en cifras

No concello coruñés de Cabana de Bergantiños, unha multinacional canadense chamada Edgewater pretende volver a explotar unha mina que foi abandonada nos anos 70. Dita mina, coñecida como mina de Corcoesto , xa fora explotada tempos atrás polos romanos e posteriormente polos ingleses os cales se encargaron de recoller os restos que estes deixaran pero aínda así é considerada hoxe en día polos especuladores como un importante xacemento de ouro que conten grandes cantidades. Por este mesmo motivo a mina é cobizada polas grandes multinacionais mineiras xa que nun período de tempo relativamente curto poderanse obter grandes capitais xa que o prezo de dito mineral incrementou moitísimo nestes últimos anos e non dubidemos que seguirá a incrementar. Dita explotación non será tan doada como se pensa xa que o ouro non esta nas mesmas condición que estaba en tempos pasados así que para extraelo do corazón da rocha será necesario rebentar o solo con megadetonacións e tratar o resultado de todo isto con produtos altamente contaminantes como pode ser o cianuro de sodio.

Existe unha alternativa ao proceso recen nomeado , esta é a escavación de galerías subterráneas, a cal sería menos lesiva que o sistema anterior pero moito máis custosa e tamén viría acompañada dunha forte contaminación ambiental xa que a fragmentación da rocha liberaría grandes cantidades de arsénico. De feito demostrouse con estudos científicos que as explotacións mencionadas con anterioridade tiveron uns efectos no medio que aínda hoxe están presentes como pode ser a alta de concentración de arsénico presente tanto no río Anllóns como no seu esteiro km máis abaixo onde está en contacto co Atlántico. Por este mesmo motivo debemos pensar que si unha pequena mina foi quen de facer todo isto, que será capaz de facer unha explotación a ceo aberto que supere con creces as 700 hectáreas.

mina ouro

A empresa que pretende realizar o proxecto nega todos estes datos estean ligados as explotacións anteriores  e achaca a presenza de arsénico nas augas a procesos naturais mobilizados pola erosión. Cabe dicir que este xacemento non é o único que pode espertar aquí en Galicia pero arredor del creouse unha gran controversia hasta tal punto que varias organizacións ecoloxistas loitan persuasivamente para que este proxecto se quede solo como o que é, e tamén defender o espazo situado arredor da mina xa que este esta catalogado dentro da Rede Natura 2.000.

Outro dato a ter en conta neste proxecto e a estratexia que a empresa promotora ten xunto coa Xunta xa que estes aproveitan a situación que se está a vivir no país de paro e desesperación,  prometendo postos de traballo que ao mellor son moito menos dos pensados. Aproximadamente a empresa ofrece 271 postos de traballo mentres que o presidente do goberno aventurou previamente que serían sobre 1.400,  estes son os datos que nos mostran a realidade. A parte de prometer postos de emprego tamén persuaden os veciños dos 3 pobos onde se levará a cabo a extracción para que estes lle vendan as terras a uns prezos indignos para o fin que estas van ter.

Explicado xa todo isto dicir que se puxeron en marcha diversas campañas de concienciación tanto a nivel local como rexional para manifestar que megaminería é unha das maiores agresións que o noso territorio pode sufrir e que  a explotación só será unha etapa transitoria onde só uns poucos obteñen o beneficio mentres outros sofren as consecuencias. Da pena dicir que eses outros somos nos. Merece a pena ?

 

See video