Miguel Gil Casares

2 Novembro 2011
Gil Casares

Foi un médico especializado en medicina interna, profesor da Facultade de Medicina de Santiago, cunha brillante carreira docente e de investigación

Naceu en Santiago o 22 de setembro de 1871 e morreu nesa mesma cidade 0 12 de abril de 1931.

Estudou medicina en Santiago de Compostela e Doutorouse pola Univesidade Central levando varios premios polos seus méritos. Máis tarde ampliou estudos en Alemaña. En 1894 foi nomeado profesor da Facultade de Medicina de Santiago, logo gañou a cátedra de Enfermidades da Infancia e despois pasou á encargase da de Patoloxía e Clínica Médica e Otorrinolaringoloxía.

Investigou sobre a lepra, a tuberculose, cardioloxía, enfermidades dos bronquios, dos pulmóns e da pleura.

Colaborou en diferentes revistas científicas, particularmente alemanas e francesas. Publicou numerosos traballos de investigación sobre tuberculose, lepra, e afeccións pulmonares e fixo interesantes traduccións do alemán de libros da súa especialidade. Foi o propulsor do Congreso Antituberculoso da Toxa en 1925 e tamén colaborou cos “Irmandades da Fala”

Na súa longa vida dedicada á medicina acadou moitos premios, títulos e galardóns.

Algunhas publicacións:

Historia Clínica de la Dama de las Camelias” (1918)

La herencia y el contagio de la tubercuosis pulmonar y de la lepra en Galicia” (1912)

El clima de las costas gallegas como recurso terapéutico y especialmente el de la Toja” (1913).