Microalgas como biocombustibles

12 Xaneiro 2013
microalgas

Como xa sabemos, o presente ano que remata foi o Ano Internacional dedicado á enerxía. Ao longo deste ano, os combustibles fósiles pasaron a un segundo plano, sendo as protagonistas as fontes de enerxía renovables.

Pois ben, neste ámbito, cabe destacar a enerxía obtida a partir de microalgas. As microalgas son organismos que viven na auga, xa sexa salgada ou doce, ou en ecosistemas terrestres de humidade moi elevada. As microalgas, mediante a fotosíntese, son capaces de transformar a materia inorgánica en materia orgánica, a partir da enerxía procedente do sol, que queda almacenada nas súas estruturas biolóxicas.

Dado que a maior parte da enerxía que obteñen as sociedades actuais provén do petróleo, entre 1978 e 1996 relanzouse o Programa de Especies Acuáticas, apoiado polo Departamento de Enerxía, momento dende o cal se comezou a considerar ás algas como un biocombustible eficaz e non contaminante. Neste contexto, as algas teñen un maior rendemento, en canto ao volume, que outras materias das que se obtén aceite. Este feito, e que ademais a terra a cultivar non ten por que ter gran extensión, produce que as algas creen unha competencia directa con outras fontes de enerxía renovables. Estudiando estes datos, é incomprensible como aínda os biocombustibles non están presentes na nosa sociedade, e o problema é, novamente económico, dado que o prezo do litro de biodiesel derivado de microalgas custaría non menos de 2€/L. Deste xeito, tamén é preciso maximizar a produción de microalgas para a súa transformación en etanol, mais o impacto dos fertilizantes e do proceso de secado da biomasa supoñen tamén uns aspectos negativos importantes.

Polo tanto, e en conclusión, as expectativas das microalgas como combustibles de menor impacto ambiental son moi elevadas pero existen, en correlación con elas problemas económicos e tecnolóxicos que aínda están por resolver para que esta fonte de enerxía avance e poidamos atopala en calquera estación de servizo.