Menos carne
Existen moitas razóns para comer menos carne: a terra necesaria para a cría do gando, o consumo desmesurado de auga, a calidade do aire, a nosa propia saúde, o sufrimento dos animais...
Non se trata de converter a todo o mundo ao vexetariano da noite á mañá, xa que esta decisión é moi persoal, pero por algo deberiamos empezar, e unha boa idea quizás sexa a de abonarse ós luns sen carne. Segundo un estudo recente, a carne vermella tamén pode ser un dos factores de risco que fai aumentar as probabilidades de sufrir cancro de mama, xunto co tabaco, o alcohol, a idade, o historial familiar...
O pasado mes de febreiro, o Departamento de Enerxía e Cambio Climático, envioulles unha mensaxe ós británicos polo seu gran consumo, xa que estes devoran unha media de 84 quilos de produtos cárnicos por cabeza ao ano. O seu consumo debería diminuír, según este Ministerio, un 40% de aquí ao 2050 se o país quere reducir as emisións de CO2.
Outra idea é adentrarse no Calculador Global que puxo en marcha o Goberno británico para que comprobemos os efectos da nosa dieta e dos nosos hábitos diarios sobre o cambio climático. Se todo o mundo se ativese ás directrices da Organización Mundial da Saúde (unha dieta diaria de 160 calorías de carne), deixaríamos automaticamente de emitir uns 15.000 millóns de toneladas de CO2 de aquí ao 2050.
En España, as estatísticas móvense ostensiblemente: segundo a industria cárnica, comemos case 53 quilos ano por cabeza e aí manterémonos. En todo caso, comemos demasiada carne, polo que non nos viría nada mal ir cambiando de dieta.