Mendeleyev

1 Marzo 2012
Mendeleyev

O oito de febreiro cumplíronse 178 anos do nacemento de Dimitri Mendeleyev, o creador da primeira táboa periódica dos elementos químicos.

Mendeleyev naceu en Tobolsk, Siberia occidental, o 8 de febreiro de 1834. Era o máis pequeno de 17 irmáns. O seu pai era director da escola secundaria local, pero quedou cego no mesmo ano no que naceu Mendeleyev. A súa nai era filla dun empresario, e volveu a abrir unha das fábricas do seu pai para apoiar á familia. Mendeleyev non tiña ningún interés en aprender, pero desde que a súa familia se mudou a Rusia, alí un titor privado inspirouno no amor pola ciencia. Anos máis tardes transladouse a Alemania para seguir cos seus estudos e alí coñeceu ós químicos máis destacados da época.

En 1862 casou, obrigado pola súa irmá, con Feozya Nikítichna Lescheva, coa que tivo tres fillos, un deles morreu. Este matrimonio foi moi infeliz e dende 1871 viviron separados. Máis tarde, volveuse casar con Anna Ivánovna Popova, 26 anos máis xoven ca el. Para lograr este segundo matrimonio, Mendeléyev estivo catro anos desesperado e incluso chegou a caer nunha depresión porque a súa primeira muller négabase a concederlle o divorcio e ademáis a familia de Anna tamén se opoñía. Finalmente casaron no ano 1882 e tiveron catro fillos.

Graduouse en 1855 como o primeiro da súa clase e presentou a súa primeira memoria química sobre “O isomorfismo en relación con outros puntos de contacto entre as formas cristalinas e a composición”. Presentou a tese “Sobre volúmenes específicos” para conseguir praza de profesor de escola e, a tese “Sobre a estrutura das combinacións silíceas” para conseguir a cátedra de química na Universidade de San Petersburgo que conseguiu en 1867, cargo que tivo que deixar en 1890 por motivos políticos.

Entre os seus traballos destacan os estudos sobre a expansión térmica dos líquidos, o descubrimento do punto crítico, o estudo das desviacións dos gases reais respecto do enunciado na lei de Boyle-Mariotte e unha formulación máis exacta da ecuación de estado. Tamén destacan as súas grandes contribucións ás industrias da sosa e do petróleo de Rusia no campo práctico.

En 1865 decidiu comprar unha granxa na que puxo en práctica métodos científicos para mellorar as colleitas e tivo unha moi boa relación cos agricultores. Obtivo un rendemento moi por enriba do que se producía antes, polo que os agricultores pedíanlle o seu consello.

En 1869 publicou a súa maior obra, “Principios de química” onde formulaba a táboa periódica, traducida a moitas linguas durante moitos anos. Ademáis, en 1887 publicou “Estudo das disolucións acuosas segundo o peso específico”, onde concluíu que as disolucións conteñen asociacións de moléculas hidratadas nun estado de equilibrio móbil que se disocian de diferentes maneiras seguindo o tanto por cento de concentración.

En 1902 viaxou a París e visitou ó matrimonio Curie no seu laboratorio. Alí observou o experimento da fosforescencia do sulfuro de cinc debida ós raios X e concluíu que nos corpos radiactivos existía un gas etéreo que provocaba vibracións luminosas e que entraba e salía dos corpos como un cometa entra e sae do sistema solar.

Morreu o 2 de febreiro do ano 1907.

Considérase a Mendeléiev como un xenio, e non só polo inxenio que mostrou para aplicar todo o coñecido e predecir o non coñecido sobre os elementos químicos, plasmándoo na táboa periódica, senón por tódolos traballos feitos ó longo da súa vida en diversos campos da ciencia, agricultura, gandaría, industria,…