Memorias dun neno labrego
“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".
Este ano cúmplense cincuenta anos da publicación de “Memorias dun neno labrego”,
o libro máis lido da historia da literatura galega, e tamén o máis traducido. É unha obra de Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961.
Un pequena novela de convertida nunha obra da literatura universal que chegou á súa trixésimo primeira edición e que foi traducida a numerosos idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, ruso, chinés, sueco, catalán, eusquera, búlgaro, maia, esperanto... e foi tamén editada en sistema braille.
En 2009 acadou os 600.000 exemplares vendidos.
O libro conta a vida dun rapaz da aldea dos anos 1920-30. Balbino, un neno labrego de familia pobre que no seu caderno escribe as súas inquedanzas e aventuras e critica as inxustizas da súa dura vida.
Na nosa clase fixemos un traballo sobre este libro. Lemos os distintos capítulos, escollemos párrafos relacionados coa natureza e buscamos imaxes para ilustralos. Tamén fixemos unha presentación.
“Cando un libro galego, se traduce pouco importa o autor. Importa que se saiba que é dun país que ten unha lingua e unha cultura propias".
Neira Vilas