As Médulas

Unhas ruíñas mineiras convertidas en atractivo cultural e natural
1 Xuño 2013
Médulas

As Médulas son os restos dunha explotación romana para extraer ouro que se conserva como un entorno paisaxístico de gran interese natural e cultural considerado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Están situadas no concello de Carucedo na comarca do Bierzo (Castela e León).

Considéranse a maior mina de ouro a ceo aberta de todo o Imperio Romano.

Acollen importantes valores arqueolóxicos e naturais.

Está protexidas como “Parque Cultural”, Ben de Interese Cultural (1996) polo seu interese arqueolóxico, Monumento Natural (2002) e Patrimonio da Humanidade (1997).

Nun percorrido polas Médulas podemos observar os traballos de enxeñería dos romanos (túneles, bocas de mina, derrubes, canles, estanques…) e exemplares de castiñeiros de gran antigüidade e, desde os distintos miradoiros, gozar de espectaculares paisaxes.

Pódense facer diversas rutas indicadas e recoller información no Centro de Visitantes.