Medindo volumes

4 Abril 2012
volumes

Varios grupos de alumnos e alumnas estivemos no laboratorio de Ciencias Naturais aprendendo a medir volumes de líquidos, de gases e de sólidos regulares, irregulares e discontínuos.

Para medir os volumes dos líquidos empregamos xerras, vasos graduados, probetas, pipetas... Medimos o volume (ou capacidade) de distintos tipos de tazas, vasos, botellas e culleres.

Para os gases utilizamos unha botella metida nunha tina de auga boca abaixo e soplamos por un tubo de goma para medir a capacidade de aire dos nosos pulmóns.

O volume dos sólidos de formas regulares calculámolo coa fórmula a partir de medidas de lonxitude e os irregulares meténdoos en auga. Os sólidos discontínuos  medímolos con recipientes graduados. Metimos dentro serrín, lentellas, garbanzos ou azucre e, despois de sacudilos un pouco para que se nivelasen, anotábamos a medida.

Gustounos moito a experiencia e pasámolo moi ben traballando xuntos.