Medindo a temperatura
1 Marzo 2012
Ao meu equipo tocoulle facer un traballo sobre a temperatura, unha magnitude que mide a cantidade de calor que teñen os corpos.
Fumos a fóra e medimos a temperatura da terra cun termómetro especial que se enterraba, tamén medimos a temperatura da auga do estanque e a do aire de dentro da aula.
Fervemos auga e alcohol, fundimos cera e fixemos fotos. Logo buscamos en Internet máis información e fixemos unha presentación coa axuda da profesora.