Medindo o tempo

6 Septembro 2012
reloxos

O tempo é unha magnitude física coa que medimos a duración ou separación de acontecementos. Mídese empregando reloxos, cronómetros e calendarios.

Na clase de 1º ESO B estivemos facendo traballos relacionados co tempo. Cada un encargouse dun tema: un tipo de reloxo ou calendario, algo de historia, unidades... Entre todos fixemos unha presentación con imaxes nosas ou sacadas da Internet

A min tocoume facer o calendario chinés. A verdade e que é moi interesante saber cousas sobre como miden o tempo outras persoas.!!