Medindo a masa

2 Decembro 2011
medindo a masa

a laboratorio de Ciencias Naturais estivemos aprendendo como medir a masa, unha magnitude que indica a cantidade de materia que ten un corpo.

Pesamos moitas cousas en distintos tipos de básculas: un chícharo, unha bolsa de aceitunas, un chicle, e incluso a toda a nosa clase.

Buscamos información en Internet, como o home máis pesado do mundo, o barco máis grande, o animal máis grande, a Terra e outros planetas, ou un átomo. Fixemos fotos e montamos unha presentación.

Gustounos moito o traballo porque, ademais de aprender, foi divertido.