Medindo lonxitudes

2 Marzo 2012
lonxitude

Agora tocoulle á lonxitude, unha magnitude que mide alturas, distancias, grosores, profundidades, contornos...

Empregamos cintas métricas, regras, calibres, rodas... e medimos distintos obxectos e espazos da aula e de fóra: o perímetro do toro dunha árbore, o diámetro das rodas dos coches dos profesores, a profundidade do estanque, a altura dunha portería, o longo dunha mesa, o perímetro dun modelo de plástico da Terra ou o grosor dun dedo.

Logo buscamos en Internet algunhas curiosidades: a perforación máis profunda, a zona do océano de maior profundidade, a montaña máis alta, o edificio máis alto do mundo ou a estrada máis longa.