Mecanoquímica: innovacións dentro da química tradicional

19 Xuño 2013
mecanoquímica

Na química tradicional, numerosas operacións comezan mesturando diversos compostos nun disolvente. Este disolvente, en ocasións, é auga, mais na maioría dos casos empréganse disolventes como éter, que é inflamable, cloroformo, que é tóxico, ou tamén benceno, composto canceríxeno. Debido a estes feitos, moi a miúdo a química que se practica na industria pon en perigo tanto a saúde humana como o medio ambiente.

Fronte a isto, proponse a mecanoquímica como unha alternativa enerxéticamente eficiente que, entre outras cousas, evita o uso de grandes cantidades de disolventes e usa un proceso de pulverización de alta frecuencia para levar a cabo as reacións. Este proceso realízase a través dunhas boliñas de metal. A pulverización conséguese mediante os sucesivos impactos das bólas de aceiro, axitada xunto cos reactivos e os catalizadores no interior dun recipiente que vibra a gran rapidez. As transformacións químicas prodúcense nos lugares onde estas boliñas de aceiro impactan, xerando puntos cunha calor e presións significativos durante un instante.

Unha das vantaxes disto sería a importante redución dos residuos xerados na elaboración dos produtos, polo tanto pódese dicir que é, dalgunha maneira, un método máis ecolóxico. Pero ó marxe disto, a mecanoquímica tamén demostra que é capaz de forzar certas reacións químicas, polo tanto pode ser máis exitosa co emprego de líquidos como disolventes.

Por outra banda, o emprego da mecanoquímica tamén supón a recuperación do catalizador empregado para a reación química, a diferenza do que ocorre cando estas reacións se levan a cabo nun disolvente.

Empregar a forza mecánica para a síntese de materiais e compostos químicos non é unha idea recente, pero é neste momento cando se fai eco dentro da comunidade científica. O uso da pulverización química para elaborar estructuras químicas complexas estase a volver unha opción cada vez máis atractiva nos últimos tempos, e podería supoñer unhas melloras considerables en canto ás medidas de seguiridade tanto ambientais como humanas.