Mecanismos

6 Abril 2011
mecanismos

Os alumnos de 2º e 3º da ESO estiveron traballando o bloque de mecanismos, cada un dentro da súa complexidade.

Como proxecto para este bloque da materia construíron grúas, noras, muíños de auga, telesillas, teleféricos, caixas con movemento alternativo e outros novedosos ou menos vistos, como por exemplo a onda vital dos famosos debuxos animados por todos coñecidos, un campo de fútbol onde un xogador tira a gol e o porteiro ten que frear o balón, etc.

Os proxectos funcionan con pila e interruptor (manexando o motor por medio dunha chave de cruce) ou ben funcionan mediante o movemento dunha manivela.

A verdade, traballaron moito neles, construíndo bielas, manivelas, levas, poleas, etc que son mecanismos básicos para poñer en funcionamento estes proxectos.

See video