Materiais no interior dos automóbiles

4 Decembro 2012
airbag

A química supuxo un gran avance no mundo dos automóbiles, tamén nos interiores.

Airbag:

Este moderno dispositivo de seguridade que permite evitar graves feridas en accidentes de automóbil está baseado en reaccións químicas que teñen lugar a velocidades moi elevadas. O produto químico utilizado para o funcionamento é esencialmente azida de sodio (NaN3 ) que está contida no interior do airbag. Este produto químico é un sólido branco e se a temperatura se eleva por encima dos275ºC ten lugar a súa descomposición térmica seguindo esta reacción:        

NaN3 ® Na + 3/2 N2

A reacción é tan rápida que en menos de 40 milisegundos obteñense uns 35l de N2a temperatura ambiente, que pode inflar a estrutura elástica que constitúe o airbag, impedindo o choque do condutor contra o volante ou o parabrisas no momento do accidente.

O mecanismo do NaN3  conséguese moi rápidamente xa que está constituído por una bola metálica que, a consecuencia do choque, pecha un circuito eléctrico que encende una mestura de boro e nitrato de sodio que é o calor da reacción que se produce na descomposición térmica do NaN3 .

Climatización:

Baséase en líquidos refrixerantes formados pola química como hidrofluorocarburos, que son un grupo de substancias que conteñen átomos de carbono, flúor e hidróxeno, grazas os cales o frío no inverno ou a calor no verán permítennos que viaxemos a una temperatura agradable. Antes, na climatización dos vehículos empregábanse, en vez de hidrofluorocarburos, hidroclorofluorocarburos que se diferencian en que teñen átomos de cloro.

Tapicería:

Os automóbiles pasaron de ser ser duros e incómodos a ser xustamente o contrario, brandos e cómodos grazas a utilización de espumas de poliuretano que melloran a nosa comodidade. Tamén se avanzou moito na redución do peso e os actuais sistemas de MDI PU poden reducir bastante a densidade dos asentos. Tamén grazas á química, que fabrica as febras sintéticas que recubren os asentos, mellorouse a súa resistencia, a durabilidade e o agarre (evitan que esvaremos).

Cinturón de seguridade:

Está feito dun material sintetico químico. É flexible, deste xeito en caso de impacto estírase e evita que a parada sexa forte. Existen diferentes sistemas para tensar o cinturón pero un dos máis extendidos é o pretensor pirotécnico. O elemento principal deste tipo de pretensores  é una cámara chea de gas combustible na que hai una pequena carga explosiva que actúa como detonador. Cando este detonador se activa, o gas estala dando lugar a un incremento da presión que empuxa o pistón, o cal ó avanzar, fai xirar a bobina na que está enrolado o cinturón de seguridade.