Marte nunha semana

24 Outubro 2013
sem espazo

A Semana do Espazo é un evento mundial que se celebra entre o 4 e o 10 de outubro. Nesta celebración preténdese educar sobre temas relacionados co espazo e fomentar a súa investigación a través de actividades, conferencias, reunións...

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas escolle anualmente un tema que tratar en dito acontecemento. A temática seleccionada este ano foi “A exploración de Marte, o descubrimento da Terra”.

Por que se escolleu Marte?

Dende que a NASA descubriu en 2004 a existencia de auga conxelada no planeta vermello, tódolos científicos están intentando facer posible a ocupación da especie humana alí.

Ademais, o mes pasado confirmouse que a superficie marciana alberga este elemento, necesario para a vida, en cantidades abundantes. O último robot lanzado alí pola NASA, o ‘Curiosity’, non tivo que profundar moito no terreo para atopar auga, o cal nos concede grandes esperanzas sobre se Marte é habitable. Estase avanzando rapidamente neste tema, pois xa se prevé que a primeira nave tripulada con destino a Marte despegue en 2018.

marte rover

Outro dos obxectivos deste “rover”, lanzado en 2012, é descubrir se a teoría de que houbo vida no planeta dos ‘marcianos’ (tema que inspirou a moitas películas, series e incluso cancións) é certa ou non. Mais a pesar de ter atopado auga na superficie, non se descubriron rastros de vida. Os investigadores opinan que é por culpa da radiación e da oxidación ás que o planeta está exposto, polo que todo apunta a que a teoría da vida en Marte non é verídica.

Os alumnos do Programa de Excelencia do IES Asorey realizaron hai dous anos unha maqueta de Marte. Sobre ela situaron uns robots de control remoto montados por eles e, a través dun software instalado nuns ordenadores, puideron manexar as máquinas, simulando o traballo que está a realizar o ‘Curiosity’ no planeta vermello. Neste vídeo ensínase como o fixeron.

Marte