Mareas negras "silenciosas" en Rusia

5 Maio 2013
Verquidos petróleo Rusia

Segundo Greenpeace Rusia verte ó ano un mínimo de 5 millóns de toneladas de petróleo. Enormes cantidades deste material emanan continuamente de tubarias rotas e de pozos abandonados en estado de deterioro.Estes vertidos equivalen a seis veces o vertido producido pola plataforma petrolífera Deepwater Horizon o pasado ano no golfo de México.

A maioría dos ríos de Siberia e do Ártico ruso están contaminados por productos petrolíferos, de maneira que cando as súas augas chegan ó Océano Ártico espallan medio millón de toneladas de sustancias tóxicas.

Debido a que moitas das zonas rusas produtoras de petróleo contan con oleodutos anticuados, o número de rupturas aumenta progresivamente. As compañías petroleiras case nunca ofrecen cifras exactas, pero as investigacións levadas a cabo por Greenpeace indican que o número de roturas ó ano superan as 20.000.

En Rusia vértese petróleo todos os días, pero dado que son vertidos pequenos, clasifícanse como incidentes. Isto quere dicir que baixo a lexislación rusa estás exentos de pagar unha multa medioambiental, polo que as industrias petroleiras non teñen un gran interese en reparar aquelas estruturas que estean deterioradas.

 

Verquidos petróleo Rusia 2