Mar de Arousa

7 Abril 2013
arousa

Alá, no Occidente de tódolos Atlánticos,

no bauprés temerario de tódalas fisterras,

existe un mar minúsculo, humilde e compartido

que sinte noutra lingua e late noutras praias

e chama con voz propia ás illas e ás esquinas

que as terras despeñaron polo Norte do Grove,

polo Sur do Barbanza e o Oeste do Castrove:

Mar de Arousa é o nome enchido de melura

que viaxa nos beizos das rutas mariñeiras,

enmarcado por Sálvora e a punta Con Negro,

pola illa Vionta e o pinar de Tragove,

o Rial, Bandabrio e a punta Sereia,

ata morrer aos pés da Torre de Lestrove.

plantou linguas de sal no Ulla e mailo Umia

que agromaron no solo da “Terra Salinensis”,

soñou con mares tibios como o de Galilea

e conduciu “courraghs” da Irlanda ata as estrelas,

na procura da illa que din do Paraíso,

que algúns din Avalon e outros Compostela.

arousa1