Malos cheiros que garanten a supervivencia
A partir do rastreo de xenes, científicos estadounidenses, chegaron a conclusión de cómo os ratos son quen de detectar a un posible depredador a través da vía olfactiva e tamén de como son capaces de acompasar a respiración co movemento dos seus bigotes. Dito isto, non cabe dúbida que o fociño foi a clave do estudo xa que nel se atopan as ferramentas que o roedor emprega para obter a información que necesita do medio.
O olfacto de ditos roedores caracterizase por ser moi fino. Nunha das partes do sistema olfactivo, foron detectados e localizados xenes que se encargan da detección de aminas presentes na urina e que lle permiten aos ratos cheirar ós seus depredadores. Dito sistema de detección é moi complexo xa que os receptores de aminas presentes nel, son unhas proteínas denominadas TAAR (Trace amine-associated receptors). Estas últimas xorden a partires dun grupo de 15 xenes distintos, os cales son todos moi importantes para que o roedor poida notar os cheiros que provocan nel unha sensación desagradable tanto si están nunhas concentracións moi altas como si son moi baixas. Se chega a desaparecer un dos 15 xenes TAAR o cheiro desagradable desaparece o que provocaría un impacto significativo na vida do roedor. Este feito estudado que parece insignificante segundo os científicos que levaron a cabo a investigación relatada podería ser útil para poder responder a pregunta de cómo os vertebrados retiveron un elevado número de sensores químicos ao largo da evolución.
Tocante o tema de compaxinar a respiración co movemento rítmico dos bigotes dicir que se trata dun feito esencial para eles xa que tanto a respiración como olfacteo son controlados polos centros respiratorios do encéfalo. Ditos centros respiratorios son fundamentais xa que actúan como un reloxo que regula os comportamentos que poden impedir a respiración. Por último exaltar un dato a modo de curiosidade , cando o olfacteo do rato é moi rápido os bigotes só se moven unha vez por respiración mentres que cando a respiración é lenta se producen varios movemento de bigotes entre una aspiración é outra.