Mal alento e pés cantores

4 Maio 2011
boca

É frecuente atopar a alguén cun alento que nos resulta desagradable. Iste fenómeno é a halitose. Sen embargo sempre o relacionamos cos demais e pensamos que a nós non nos sucede. Isto dase porque o olor detectado é debido á presenza de moléculas dunha substancia química chamada metilmercaptano. Cando o olor o xeramos nós mesmos os receptores dos nosos órganos olfativos satúranse e non detectan cambios.

O metilmarcaptano fórmase a causa da descomposición dunha proteína por unas bacterias, libera aminoácidos que conteñen xofre e dá lugar a dito composto, algo parecido ocorre nos nosos pés. Aínda que non só se dá esta situación por esta substancia, senón tamén por outras substancias como o sulfuro de hidróxeno. Sen embargo, isto non só ocorre nos nosos corpos senón tamén no medio ambiente por culpa dalgunhas bacterias.

pés

O mal olor, lóxicamente, evítase coa limpeza de pés e boca, pero isto non é suficiente posto que hai que eliminar as moléculas de metilmercaptano como no caso da boca co uso de dentífricos con cinc ou estano e para os pés utilizar plantillas de carbón vexetal.

O metilmercaptano utilízase como aditivo para o gas de uso doméstico para axudar a detectalo.