A maior erupción volcánica da historia

3 Maio 2014
Tambora

O Tambora é un volcán activo cunha altura de 2.850 msnm, situado nas illas Sumbawa (Indonesia).

Entrou en erupción, despois de estar varias décadas almacenando materiais na cámara magmática, o 10 de abril de 1815, cun volume de exección de 160 km3. Esta foi a maior erupción volcánica rexistrada da historia. A explosión escoitouse a máis de 2.000 km ecausou a morte de de máis de 71.000 persoas.

Provocou anomalías climáticas globais, incluso un fenómenos coñecido como “inverno volcánico”. !816 coñeceuse como “o ano sen verán” debido aos efectos da erupción do Tambora sobre o clima de Europa e América do Norte. Perdéronse colleitas e o gando morreu en grandes zonas do hemisferio norte.

tambora1