Maio (2012)

5 Xuño 2012
maio d1

Maio é o quinto mes do ano no calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén da deusa romana da fertilidade (Maia), tamén coñecida como Bona Dea. Tamén se di que pode vir de Maius Juppiter, reducción de Maximus (o máis grande).

A luz resplandece neste mes e a primavera está no seu mellor momento. Hai flores por todas partes: de cor amarela, rosa, vermella, asul, violeta, branca... Vanse gran cantidade de insectos e crían moitos animais. No campo hai moita actividade: plántanse as patacas, seméntase o millo, sulfátanse as viñas e recóllense chícharos ou patacas novas...

Este ano maio foi un mes moi revolto. Tivemos temporais, días de frío e días de moita calor. Déronse diferencias de temperatura de 10 graos de un día para outro. O dí que fixo máis calor foi o 16 (28,9 ºC) e o máis frío o 20 (9,26 ºC). Nalgúns puntos de Galicia pasouse dos33 ºC. Os días aumentaron en 62 minutos.

ALGÚNS REFRÁNS

-En abril augas mil, e no maio todas as que queiran vir

-Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano

-En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo

-No maio bebe o boi no prado, e se non bebe malo

-Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto

-Maio tolo, nin bo gato, nin bo polo

-San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando

-Maio frío moito trigo, maio pardo ano farto

-O que queira ter prixel todo o ano seménteo no  maio