A Luz xa non é o que era

3 Outubro 2011
acelerador

No 1905, o gran Albert Einstein, un dos científicos máis importantes da historia,  revolucionou o mundo da física coa súa teoría da relatividade especial.

Pouco máis tarde de cumprirse un século deste feito que marcou o mundo da física, unha recente investigación podería poñer en dúbida ao pai da física moderna.

Un colectivo de investigadores do CERN (Siglas, en inglés, do Centro Europeo de Investigacións Nucleares ) descubriu que unhas partículas subatómicas denominadas neutrinos, poderían viaxar a máis velocidade que a luz. 

O experimento consistiu na emisión destas partículas a través do coñecido acelerador de partículas (Gran Colisionador de Hadróns – LHC) dende a súa base en Xenebra ata o laboratorio nacional do Gran Sasso situado a 730 km de distancia. Dende alí controulouse a chegada dos neutrinos a uns grandes tanques con líquido e estableceuse o tempo da emisión. Esta proba, repetida durante seis meses, detectou que os neutrinos viaxaban a 60 nanosegundos sobre a velocidade da luz (300.006 km/s).

neutrinos

O CERN aínda non confirmou tal descubrimento e o director do CERN, Rolf Heuer, pide prudencia. Isto débese a que os neutrinos que se detectaron no Gran Sasso poida que non sexan en realidade os enviados dende Xenebra, senón outros procedentes do Sol, xa que calquera de nós podería estar recibindo neutrinos neste momento.

Agora tócanos agardar a unha resolución absoluta, porque se esta teoría é certa, o mundo da física revolucionaríase por completo.