Lume nos montes
Aproveitando a celebración do Día da Terra no noso instituto organizouse unha charla sobre os incendios forestais.
O pasado 26 de abril Juanjo, un axente forestal que traballa nas brigadas forestais explicounos os perigos dos incendios que estragan bosques e monte e matan animais de todas clases.
Falounos das causas, naturais, como as tormentas e, sobre todo humanas por accidentes, neglixencias ou delitos. Púxonos uns videos mois interesantes e fíxonos unha demostración de como é o equipo de traballo que levan para apagar os lumes.
Para min foi unha charla instructiva que nos axuda a previr os incendios e como actuar no caso de atoparnos nun. E tamén para saber e valorar todo o traballo que fan os bombeiros ou os axentes forestais para poder ver os nosos montes verdes en vez de negros. Estas persoas arriscan a súa vida para poder salvar aos demais. Juanjo, coñeceu cinco traballadores que morreron nos últimos catro anos.