Lume nas Fragas do Eume

5 Abril 2012
lume Frgas Eume

Cando estabamos a piques de rematar a edición deste mes da revista apareceu nos medios de comunicación unha nova que nos fixo estremecer a todas as persoas que temos algún tipo de preocupación mediomanbiental ou, simplemente, amor polo noso. Refírome ao lume nas Fragas do Eume.

Xa levamos semanas asistinto á queima sistemática de anacos do país, especialmente na provincia de Ourense, algúns con víctimas, pero este último incendio parece que calou moito máis fondo e fixo levantar unha marea de protestas e unha avalancha de información.

Que teñen de especial as Fragas do Eume? Tentarei explicalo, aínda que é dificil facelo neste espazo. Hoxe pouca xente sabe o que é unha fraga, moi poucos se internaron nun bosque de verdade e a maioría dos meus alumnos e alumnas non saben distinguir un carballo dun castiñeiro, pero coñecen os eucaliptos.

Unha fraga é un bosque totalmente natural, no que existe unha gran diversidade de todo tipo de seres vivos. Fragas de gran interese temos unha cantas en Galicia (no Courel nos Ancares, no Xurés...). Pero as Fragas do Eume teñen algo único que fai que sexan consideradas a mellor representación de bosque atlántico de Europa (e posiblemente do mundo). O que as fai únicas é a situación a nivel do mar, o seu clima máis cálido e o abrupto do terreo que permite que neste lugar sobrevivan especies desaparecidas hai millóns de anos doutros lugares, como algúns fentos.

Parte desta riqueza quedou destruída polas lapas. Algunha tardará centos de anos en recuperarse e outra posiblemente sexa irrecuperable.

O que está a pasar en toda Galicia estes últimos días, e que xa pasou en anos anteriores, ten que levarnos a moitas reflexións: as condicións climáticas están cambiando (antes non había lumes no inverno), o coñecemento e coidado do patrimonio natural é cousa de todos e todas: administracións, cidadáns, educadores, turistas... e ben xestionado produce riqueza, material e espiritual.

Aprendamos a lección e poñamos os medios para impedir que volva a pasar, nas Fragas do Eume ou en calquera outro lugar!

Fragas Eume-m

ALGÚNS DATOS DAS FRAGAS DO EUME:

-Declaradas Parque Natural en 1997 cunha area protexida de9.125 hanos concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes.

-O río Eume e os seus afluentes forman vales profundos de dificil acceso nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.

-No interior do parque natural está o Mosteiro de Caaveiro.