Lugares de interese xeolóxico. A praia das Catedrais

6 Xuño 2011
catedrais

A praia das Catedrais, chamada tradicionalmente de Augas Santas, é un espazo natural situado no norte de Lugo, no concello de Ribadeo.

Ten unha lonxitude media de1.500 metros, aínda que coa marea alta pode quedar reducida a320 m, xa que está illada en varias porcións consideradas ás veces independentes. Ten un largo moi variable debido a que a preamar tapa toda a area en moitas partes dela, mentres noutras a baixa se descobre ata100 m.

A praia é aberta con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada.

O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo. A intensa erosión e a disposición dos estratos dá lugar a formacións moi curiosas e espectaculares: arcos, furnas, illotes, columnas, buratos (bocas do inferno)...