Lugares de interese xeolóxico: cataratas de Iguazú

5 Septembro 2011
Iguazú

As cataratas de Iguazú atópanse no Parque Nacional Iguazú entre Arxentina e  Brasil, próximas á fronteira entre Paraguai e Arxentina. Están formadas por 275 salto de alturas variables (ata 82 m) nunha lonxitude de 2.700 m.

Son das máis caudalosas do mundo e atravesan unha zona de selva dunha gran biodiversidade.

A película “A Misión” (1986) foi realizada en parte nestas cataratas e conta a historia dun misioneiro xesuíta que se interna na selva amazónica.