Louis Lumière

28 Xuño 2013
L Lumière

Louis Lumiere foi un inventor francés pioneiro do cine. O sete de xuño cumplíronse 65 anos da súa morte.

Naceu en Besaçon, o 5 de outubro de 1864 e morreu en Bandol o 7 de xuño de 1948. Era fillo dun comerciante de fotografía. Despois de rematar os seus estudos no liceo La Martinière comezou a traballar co seu pai, xunto co seu irmán Auguste. Desde o comezo interesáronse por facer imaxes en movemento. Foi de regreso dunha viaxe a París do seu pai, que lles trouxo un  kinetoscopio de Edison, cando comezaron a ver que o farían partindo dos inventos xa existentes.

h Lumière

O cinematógrafo foi patentado a finais de 1894. En 1895 rodaron a súa primeira película titulada “Saída dos obreiros da fábrica Lumière en Lyon Monplaisir ”. E presentárona o 22 de marzo de 1895 en París nunha sesión de la Société  d'Encouragement à l'Industrie Nacional. A industria do cine comezou cando  foi exhibida ao publico comercial como o primer espectáculo de pago, no Salon Indien du Grand Café.

A produción dos Lumière incrementouse cos anos e Lyon convertiuse nun dos centros cinematográficos máis importantes do mundo. Mandaron operadores a rodar por todas partes do mundo para obter imaxes variadas e fabricaron as cámaras nas súas instalacións.

Os Lumières desenvolveron outros moitos inventos no campo da fotografía e do cine: placa tricromo para a fotografía en cor, fotografía en releve, fotoesterosíntese, cine estereoscópico, placas antivao, prateado dos espellos en frío, difusor para fonografía...