Linaria arenaria, unha pequena xoia das nosas praias

Atopada no Grove unha nova poboación de Linaria arenaria, unha planta en perigo de extinción.
2 Maio 2012
linaria-1

A Linaria arenaria é unha pequena planta que vive nos areais costeiros. Está considerada en “Perigo de Extinción” polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e en “Perigo Crítico” pola UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza). Unicamente localizada nalgúns lugares da costa francesa e galega.

Recentemente atopamos no Grove unha nova poboación de Linaria arenaria, nun lugar onde se arrincara Carpobrotus sp e, ben porque xa houbera unha pequena poboación descoñecida, ou ben porque quedaran sementes de poboacións anteriores, a Linaria colonizou, como boa pioneira que é, as zonas descubertas.

 

 

 

 

 

 

linaria