Letters from America (Cartas desde América)
Xa pasaron case cinco meses. Eses son os meus pensamentos cando escribo isto. Algo estraño dende logo xa que este verán nin me imaxinaba aquí. E agora a verdade éque sei que todas as persoas que están comigo vounas a estrañar moito. Pero seguindo co que é importante, contareivos un pouco sobre a miña nova vida nas Américas, concretamente no estado de Ohio.
Empezarei por falarvos sobre a miña familia, os Gregory. O primeiro que debedes saber,que foi o que máis nos chocou, a min e a miña familia, é que o meu host dad, Mark,é un pastor, o equivalente a un cura na relixión católica, pero que pode casarse e ter fillos. Porqué vos digo que me chocou? Porque eu pensaba que iba a ser unha familia moi relixiosa, pero ao final resultou ser a familia máis normal e coa que máis podía encaixar en todo o mundo. Seguindo cos integrantes da familia. Teño unha host mom, Diana, que é a manager nunha empresa de eventos. E para finalizar, teño tres irmás e un irmán: Emily, 15; Ross, 16; Haley, 18 e Carly, 20. Eu só vivo cos meus pais, coa miña irmá Emily e meu irmán Ross. Haley e Carly están estudando na universidade polo que viven fora da casa.
E agora pasemos a falar un pouco sobre min:
Estudo en Clay High School o meu Junior Year, con algún privilexio como Senior, por exemplo vou facer a graduación con todos os alumnos que este ano rematan o instituto, unha oportunidade única que disfrutarei o máximo. As miñas materias son: French, Choir, English, Biology, American History e Algebra. Estiven no equipo de voleibol do instituto, pero a temporada xa rematou e estou asistindo aos adestramentos para entrar no equipo de softball.
Outra cousa interesante é que xa fixen moitas cousas diferentes dende que estou aquí: viaxei a Cincinnati, cidade máis importante de Ohio; fun ao estado de Virxinia; disfruto de moitos partidos de futbol americano, tanto na televisión coma en directo; fun ao partido dos Lakers contra Cleveland; as sleepovers coas miñas amigas; gastar bromas no McDonals; pasar Thanksgivings e as Navidades aquí; etc,...
Pero o mellor son as que me quedan por facer. Dende logo por agora os plans pintan moi ben. Por exemplo, en febreiro, irei a esquiar coa miña familia a Michigan, en marzo, teño unha viaxe a California, onde visitaremos Los Angeles e San Francisco, e en abril, coa miña host family, irei a Florida nas vacacións de primavera. A verdade nunca podería pedir nada mellor, síntome moi agradecida polo gran ano que estou a ter, está sendo irrepetible.
Pero non todo é sempre tan bonito. Estar a tantos miles de quilómetros da casa, ás veces non é tan fácil. Botas de menos os teus amigos de sempre, falar castelán ou galego de vez en cando e ca xente che entenda, a comida,...en realidade todas as nosas costumes. Porqué digo isto? Porque a min gústame esta vida americana que estou a ter, pero desde logo vivindo a tanta distancia de Cambados dinme conta de algo: nos non apreciamos o que temos. Eu polo menos non o facía ata que empecei a vivir en EEUU. Cada vez que alguén me pregunta de onde son, como é o meu país, o meu pobo, os meus costumes,... a verdade é que eu tan so teño boas palabras para describir todo o que sinto hacia o meu fogar.
E por último, diciros que por agora todo ben, coidándome e, sobre todo, disfrutando de todas as cousas novas que EEUU pode ofrecerme.
Mándolle un saúdo a todas as persoas que creron en min e que me axudaron a estar onde estou agora mesmo. E tamén a todos aqueles os que quero, bótovos de menos.
Bibiana