Letters from America (Cartas desde América)

15 Decembro 2012
SobreUSA

Este curso comezou con dúas notables ausencias no IES Asorey, Bibiana Chaves e Andrea Falcón, dúas alumnas que deberían estar cursando 1º de Bacharelato. Pero que non pareza unha mala nova, porque ambas están estudando este ano nos Estados Unidos, Bibiana no estado de Ohio e Andrea en New Hampshire, como beneficiarias da bolsa de estudos High School, promovidas polas fundacións EducaBarrie e Amancio Ortega.

Propúxemoslle que nos contaran desde alá a súa experiencia a través dunha serie de cartas, o que ambas aceptaron de contado. Neste número de “A Buxaina” Andrea relata as súas primeiras impresións ao pouco de chegar ao que sería o seu fogar durante dez meses. Como poderedes comprobar está a ser unha gran experiencia:

andrea1

Comezou a odisea. Estou a 5000 quilómetros, 6 horas de diferenza e 275 días de volver outra vez a miña casa. Aínda non sei que foi o que realmente me impulsou a lanzarme a facer isto, pero agora xa estou aquí. Levo pouco mais de un mes en Londonderry, New Hampshire. O inglés cada vez e menos problema, cada día entendo algo máis e falo de maneira mais natural, por dicilo de algunha forma. Pero digamos que isto e a parte habitual do cambio. Agora vou a falarvos de min: 

Estou en Junior Grade en Londonderry High School. As asignaturas que estou dando son US History, Physics, English, Choir, Band, Pre-Calculus e Chemistry (tenho que dicir que o profesor de física estivo na armada e ponnos exemplos diso e e simplemente xenial, moi americano).Toco na banda do instituto, estou no coro e uninme ao equipo de soccer da liga local e ao equipo de soccer do instituto (así como dato direi que o mércores pasado marquei o meu primeiro gol). 

andrea2

Vivo cos Robinson. Soara absurdo, pero son unha familia bastante americana e encaixamos moi ben. Actúan de forma parecida a min a veces, gastámonos bromas e eu métome con USA mentres eles se meten con España (todo en ton cordial, non nos apetece empezar outra guerra). O pai, John Robinson, traballa na casa nunha especie de programa de radio. A nai, Karen, da clases de vídeo no instituto. Te.en dous fillos xemelgos, George e Chris, de 21 anos que xa non viven na casa e dúas fillas mais. A pequena, Shea, ten 13 anos e esta en 8th grade, e o seu último ano na Middle School. E despois esta Brooke, ten 16 anos, coma min, e esta no meu grado. Tiven moitísima sorte de estar con ela, axúdame moito a coñecer xente e a ir a unha chea de sitios cos seus amigos que se van facendo amigos meus pouco a pouco. A verdade e que o programa acertou de cheo coa familia. 

andrea3

Dende que cheguei aquí vin a Obama de lonxe (estivo en Londonderry aos 2 dias de que chegara, ou algo así); vin fútbol na tele e en directo no instituto, e un deporte un pouco tolo, pero teño que dicir que me encanta; fun a un lago que hai aquí en New Hampshire no veleiro dos Robinson; tiven festa de pixamas coas amigas de Brooke en plan americano; fun a un cumpleanos a unha pista de patinaxe; a un concerto de Jason Mraz en Connecticut... non sei, moitas cousas, a verdade, e como ben saben os que me coñecen, non me acordo agora mesmo de moitas delas. 

Gústame atoparme cousas americanas por todas partes, non fago mais que repetir: “This is so American!” Pero que lle vou a facer eu si me fan ilusión as fontes de auga dos pasillos, ou as taquillas, ou as animadoras collidas da man dos xogadores de fútbol polos pasillos do instituto. 

andrea4

Todo o pobo esta bastante involucrado comigo, fai moitos anos que non teñen estudantes de intercambio e axúdanme moito con calquera cousa. Xa perdín a conta das veces que me preguntaron por min, por España e si me gustaba Estados Unidos. Fixéronme algunha que outra entrevista para os xornais do pobo e do instituto e o único que lles puiden dicir foron cousas boas.

Pero non todo e sempre tan xenial. Xa fai mais de un mes que marchei. Faise raro estar sola aquí, bótase de menos a todo o mundo, a miña familia, os meus amigos, o instituto... Non sempre e fácil e pensar que quedan 9 meses para volver faino un pouco complicado a veces. E aínda que non teño claro que foi o que me lanzou a facer isto, si que sei que quería aventura, e iso e o que estou tendo aquí. Xa vos boto bastante de menos, pero eu quixen lanzarme, quería un reto, e case sen buscalo moito acabei aquí. Gústame, de momento esta saíndo ben. 

E non podo rematar isto sen mandar un saúdo a todos aqueles aos que quero. Bótovos de menos. 

Bicos desde USA.