Laponia

2 Abril 2014
Laponia

Unha rexión cultural repartida entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia habitado orixinalmente polo pobo saami, aínda que na actualidade representa una minoría.

Os territorios coñecidos como Laponia esténdense ao norte de círculo Polar Ártico, nunha área con fiordos, vales profundos, glaciares e chairas nunha ampla meseta onde abondan os lagos. O clima é subártico e a vexetación escasa agás na zona sur onde abondas as árbores típicas da taiga. Na fauna destacan os renos, os osos e os lobos.

Desde o ano 100 a.C. Laponia está poboada polos Saami que tradicionalmente viviron da caza e da cría de renos.

Moitas persoas visitan Laponia para coñecer as súas xentes e as paisaxes e para gozar das fermosas auroras boreais.