Que lámpada escoller?
Desde que o pasado 1 de setembro se deixaron de fabricar as lámpadas incandescentes o mercado ofrécenos moitas opcións sobre as lámpadas máis aforradoras ou máis duradeiras. Pero tamén hai moita confusión sobre as opcións e tamén algo de desinformación. Neste traballo tentaremos explicar a diferencia que existe entre as distintas tecnoloxías nas lámpadas e as súas vantaxes e inconvenientes. De todas formas a Comisión Europea calcula que cada vivenda pode aforrar de 20 a 50 euros ao ano co cambio das lámpadas incandescentes por outras de menor consumo (incluíndo o prezo de compra).
Para escoller ben unha lámpada hai que ter en conta varios factores
-O tipo de uso que se lle vai dar, se vai a estar acesa moito tempo ou se e para un uso puntual, se vai a estar continuamente acendendo e epagando, a intensidade de luz que se precisa, a cor da luz, a temperatura do lugar...
-O prezo: valorar se compensa o gasto en función do uso que se lle vai dar (en relación ao consumo).
A calidade pode variar moito duns modelos a outros, aínda parecendo semellantes. Nas etiquetas os fabricantes deben informar de todos estes detalles.
É moi importante tamén facer unha boa eliminación dos resíduos cando rompen ou se estropean. As que teñen elementos electrónicos complexos ou vapores de mercurio son tóxicas e hai que depositalas nun punto de recollida.
Algúns consellos:
-Para as escaleiras e zonas de paso hai que usar lámpadas que acendan rápido e que aguanten ben os acendidos e apagados.
-Para garaxes, sotos e zonas de frío hai que empregar lámpadas que soporten ben as temperaturas baixas.
-Para conseguir unha iluminación puntual (decoración) é mellor usar unha lámpada LED ou unha halóxena eficiente.
-Cando a luz está moi achegada a nós (mesa, oficina, cama..) convén poñer lámpadas que leven os tubos cubertos por unha carcasa, para reducir as radiacións.
A Comisión Europea e a OCU teñen páxinas Web que nos poden axudar a escoller a lámpada máis axeitada.
http://ec.europa.eu/energy/lumen/wizard/index_es.htm
http://www.ocu.org/vivienda-y-energia/gas-luz/noticias/bombillas-la-mejor-para-cada-uso537934