Laki, un volcán que cambiou o clima de Europa
O seis de xuño cúmplense 130 anos da erupción do volcán Laki, en Islandia, considerada como unha das maiores catástrofes ambientais da historia europea que afectou ao clima de todo o continente europeo.
Laki é unha fisura volcánica situada no sur de Islandia, preto do canón de Eldgiá. Forma parte dun sistema volcánico no que se inclúen dous volcáns máis.
O volcán surxiu dunha fisura dun volcán próximo (Grímsvötn), durante unha erupción que comezou o día 8 de xuño do 1783 e durou 8 meses. Esta erupción, con 130 cráteres abertos, expulsou 14 quilómetros cúbicos de lava basáltica e nubes tóxicas de ácido fluorhídrico e dióxido de xofre que acabaron co 20 % da poboación de Islandia.
As cinsas volcánicas son elementos nocivos que levan gases como flúor ou xofre, polo que tivo consecuencias tamén sobre o gando (acabou cun 50%).
A erupción de Laki constitúe aínda a peor catástrofe na relativamente corta historia do país. Os efectos desta erupción fixéronse en toda Europa e deu lugar a unha época de fame en todo o mundo. Crese que ocasionou a morte de máis de seis millóns de persoas.
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
No Reino Unido o verán de 1783 foi coñecido como o sand-summer ("verán de area") debido á caída contínua de cinsas.
Por toda europa falábase da “bruma do Laki”. O volcán lazou uns 8 millóns de toneladas de fluorido de hidróxeno e 120 toneladas de sulfuro de hidróxeno.