Krakatoa, a explosión que cambiou o clima

19 Maio 2013
krakatoa

Hai 130 anos, en maio de 1.883 o volcán Krakatoa comezou unha erupción que rematou cunha violenta explosión que afectou ao clima de todo o planeta.

Krakatoa foi unha illa de tres conos volcánicos situada no estreito de Sonda, entre Xava e Sumatra. Co nome de Krakatoa coñécense o grupo de illas do arredor, a illa principal e un coñecido volcán que entrou en erupción en repetidas ocasions, masivamente e con consecuencias desastrosas aó longo da historia. Krakatoa está  enriba dunha zona cunha codia excepcionalmente feble entre as placas Indoaustraliana e Euroásiática.

Antes da erupción de 1883, Krakatoa estaba formada por tres illas: Lang e  Verlaten, que eran os restos dunha erupción da caldeira anterior moi grande; e Krakatoa, unha illa de 9 km de lonxitude por 5 km de ancho. Tamén había varios pequenos illotes. Había tres conos volcánicos sobre Krakatoa: Rakata (823 m), Danan (445 m), e Perboewatan (122 m).

As erupcións de 416 d.C. e 535 d.C.

O Libro xavanés dos Reis (Pustaka ou Rajá) rexistrou que no ano 416 d.C. «un son foi escoitado da montaña Batuwara... un ruído similar de Kapi... O mundo enteiro foi sacudido enormemente, acompañado por forte chuvia e tormentas... o ruído era espantoso, por fin a montaña Kapi cun ruxido enorme rompeu en anacos e afundiuse no máis profundo da terra. A auga do mar elevouse e anegou a terra, o país ao leste da montaña Batuwara, os habitantes da parte do norte do país Sunda afogaron e foron arrastrados con toda a forza da auga... A auga diminuiu, pero a terra sobre a que estaba Kapi fíxose mar, e Xava e Sumatra foi dividido en duas partes». Non hai ningunha proba xeolóxica dunha erupción do Krakatoa deste tamaño arredor daquel tempo; isto pode describir a perda de terra que antes uneu Xava a Sumatra a través do que agora é o estreito de Sunda; ou pode ser unha data equivocada, refiríndose a unha erupción no ano 535 d.C., tamén no libro xavanés de Reis.

Nesa erupción formáronse as illas de Verlaten e Lang e os principios de Rakata. Algúns científicos din que puido ser responsable dos cambios do clima do 535–536 d.C.

A erupción de 1883

krakatoa

A illa reventou, con unha enerxía de 200 megatons (10.000 veces mais potente que a bomba atómica de Hiroshima). A explosión percibiuse nun 10% da Terra, viaxando ata a illa de Madagascar e  Australia. Os tsunamis que seguiron á explosión acadaron os 40 m de altura e destruiron 163 aldeas ao longo da costa de Xava e Sumatra, matando a un total de 36.417 persoas. A cinza da explosión chegou aos 80 km de altitude e ademais viaxou pola superficie do mar. Tres anos despois, os observadores de todo o mundo describían o crepúsculo e o alba de brillante colorido, producido pola refracción dos raios solares en esas partículas minúsculas.

Os observadores climáticos do tempo estiveron atentos aos efectos no ceo. Eles chamaron ao fenómeno a «corrente ecuatorial de fume». Esta foi a primeira identificación do que se coñece hoxe en día como corrente en chorro. Esta erupción tamén produciu un “anel de Bishop” arredor do sol diariamente, e unha luz púrpura volcánica no crepúsculo.

Nos anos anteriores á erupción de 1883, a actividade sísmica arredor do volcán era intensa, con alguns terremotos en lugares distantes como Australia. O 20 de maio de 1883, tres meses antes da explosión final, comezaron a aparecer regularmente escapes de gases en Perboewatan, e no norte da illa. As erupcións de cinza acadaron unha altura de 6.000 m e as explosions puideron escoitarse en Batavia (Yakarta), a mais de 150 km de distancia. A filtración de auga na cámara de magma produciu grandes cantidades de vapor e fume, pero a actividade extinguiuse cara finais de maio. Esto trouxo como consecuencia a tranquilidade das poboacións próximas, que non tomaron medidas de seguridade maiores.

O volcán comezou a estalar outra vez arredor do 19 de xuño. A causa da erupción, según se cree, foi unha nova fisura ou fisuras que se formaron entre Perboewatan e Danan. A violenta erupción causou mareas excepcionalmente altas na zona, e os barcos ancorados tiveron que ser amarrados con cadeas. Despois do 11 de agosto comezaron erupcions mais grandes, con penachos emitidos de máis de once fisuras. O 24 de agosto, as erupcións intensificaronse. Aproximadamente ás 13:00 h (hora local) do 26 de agosto, o volcán entrou na súa fase de máxima actividade.

O 27 de agosto, o Krakatoa entrou na etapa final da súa erupción con catro enormes explosións acompañadas de tsunamis moi grandes. A peor e a mais sonora foi a última. As explosións foron tan violentas que se oíron a 3.500 km de distancia (Australia e Illas Mauricio). Crese que o son da destrución do Krakatoa foi o mais intenso rexistrado na historia, chegando a 180 dbl nunha distancia de 160 km. A cinza foi propulsada a unha altura de 80 km. As erupcións diminuiron rápidamente e na mañán do 28 de agosto Krakatoa estaba tranquilo.

Toda a masa do volcán entrou no mar, desprazando o mesmo volume de auga do mar e producindo violentos tsunamis. Algúns fluxos piroclásticos chegaron á costa de Sumatra a  40 km de distancia. Hai tamén indicios de fluxos piroclásticos submariños que acadaron os 15 km de distancia.

Anak Krakatoa

En 1927 comenzaron novas erupcións volcánicas no fondo do mar, das que xurdiu unha nova illa no mesmo lugar, coñecida como Anak Krakatau (fillo de Krakatoa). Esta illa sobrepasou a superficie do mar en 1928, e en 1973 xa acadaba unha altura de 190 m. Segue medrando a razón de uns 5 m por ano. A illa está deshabitada. Algunos xeólogos aseguran que algún día o Anak Krakatau reventará quizáis coa mesma forza que o volcán anterior. Hoxe en día a illa ten forma de cono de uns 300 m de altura con un cráter lateral que lle da unha apariencia extrana ao entorno.