Karl Jansky
Karl Guthe Jansky naceu en Norman, Oklahoma, o 22 de outubro de 1905. Graduouse en física na Universidade de Winsconsin e comezou a traballar nos laboratorios de teléfonos Bell en Nova York en 1928. Morreu en 1950.
Nos laboratorios Bell Jansky foi o encargado de investigar as fontes de ruído que interferirán coas radiotransmisións da voz, polo que construíu unha antena montada nunha plataforma xiratoria que lle permitía movela en calquera dirección. Grazas a esta antena Jansky descubriu tres tipos de ruídos:
- Tormentas eléctricas próximas
- Tormentas eléctricas distantes
- Un asubío de orixe descoñecido
O terceiro tipo de ruído pensábase que era unha radiación provinte do Sol. Pero despois de seguir o sinal durante uns meses demostrou que a radiación non procedía do Sol senón do centro da Vía Láctea, concretamente da constelación de Saxitario.
Os descubrimento de Karl Jansky, Grote Reber e Jonh Kraus influíron no desenvolvemento da Radioastronomía. Reber inventou así o primeiro mapa sistemático das ondas de radio do ceo e Kraus creou un radioobservatorio e escribiu un libro sobre a Radioastronomía considerado a biblia dos radioastrónomos.