Itinerario xeolóxico-paisaxístico pola Lanzada
O Xoves 25 de abril, os alumnos e alumnas de 3ºD, de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO de ciencias, fixemos unha saída didáctica á zona litoral entre Sanxenxo e a Lanzada; ao chamado Complexo metamórfico Cabo Home – A Lanzada. Alí tivemos unha explicación sobre o paisaxe e a xeoloxía do lugar.
En total realizamos 3 paradas ao longo de toda a mañá, concretamente en Punta e praia de Montalvo, na Praia e cantís de Major e na Capela da Lanzada. Ao longo da mañá vimos moitas rochas metamórficas e coñecemos os seus diferentes tipos. Nalgunhas había grandes e pequenos pregamentos ao longo da rocha e tamén observamos algunha falla do lugar, dunas e praias fósiles e, no mar, algunha plataforma litoral.
Na Capela da Lanzada vimos tamén as rasas costeiras e pouco despois tivemos a oportunidade de ollar o contacto entre rochas metamórficas e as graníticas que nos son moito máis coñecidas. Algunhas rochas estaban afectadas pola erosión da sal mariña, pois as ondas ao bater con elas humedécenas de auga salgada que cando se evapora deixa os grans de sal no interior da rocha e así van destruíndoa como se foran pequenas cuñas (é o que se coñece como haloclasticidade).
Ao rematar a mañá fixemos unha parada nunha cafetería local para recuperar forzas e tomar a merenda. Logo voltamos ao instituto e concluímos a mañá cun pouco máis de sabiduría.