Isidro Parga Pondal

6 Xuño 2011
Parga Pondal1

O catro de maio cumplíronse vintecinco anos da morte de Isidro Parga Pondal, un dos científicos galegos máis destacados. Na nosa revista queremos facerlle unha pequena homenaxe.

Isidro Parga Pondal naceu en Laxe o 17 de decembro de 1900. Fixo os estudos de bacharelato en Santiago de Compostela e a carreira de Química na universidade de Madrid. En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química Inorgánica e Analítica na facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estudos de doutoramento en Zúric e voltou a a Santiago en 1933. Alí creou o Laboratorio de Xeoquímica da Universidade e comezou as súa investigacións sobre xeoloxía de Galicia. En 1934 remata a súa tese de doutoramento.

Ao comezo da Guerra Civil foi expulsado do seu posto de profesor polas súas ideas políticas e retirouse a Laxe onde creou unha empresa mineira para a explotación de caolín. Máis tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe onde traballaría ata o seu retiro en 1969. Participou tamén en proxectos de explotación de titanio en Balarés e na produción de cementos en Sarria.

En 1960 ingresou na Real Academia Galega e en 1962 foi nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Mallada. Colaborou en investigacións con importantes universidade de todo o mundo.

Recibíu numerosos premios: Ramón Mourente (1958), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Menéndez y Pelayo (1982), medalla Castealo e Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago de Compostela (1983), Premio Trasalba (1984), Presidente de Honra da Academia de Ciencias de Galicia, correspondente da Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da Academia de Ciencias e Arte de Barcelona.

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1924, onde publicou os seus primeiros traballos sobre xeoquímica.

Parte das súas coleccións consérvanse no museo de O Castro (Sada) e no Museo Luis Iglesias da Universidade de Santiago de Compostela.boratorio Xeolóxico de Laxe

Traballos máis destacados:

-Mapa Xeolóxico de Galicia (1963) e máis tarde os provinciais.

-Mapa Xeolóxico da península Ibérica (1970).

-Cartografías do Macizo Hespérico Peninsular (1962 e 1982).

Parga Pondal

Mapa xeolóxico de Galicia e colección de rochas de Isidro Parga Pondal. Museo do Castro (Sada)