A investigación do Universo

4 Novembro 2011
Universo

Recentemente publicouse un artigo, no cal Carlos Pajares Vales, físico e exrector da Universidad de Santiago, explicaba dende a  súa condición de delegado científico no CERN (Consello Europeo de Investigación Nuclear), dous dos temas máis importantes dos últimos meses: a aceleración de expansión do universo e os neutrinos.

O primeiro dos temas a tratar, a teoría de aceleración da expansión do universo, foi galardoado co Premio Nobel de Física 2011. Este extraño suceso é posible gracias á enerxía escura (enerxía presente en todo o espazo e que exerce unha presión negativa), pois fomenta a aceleración de expansión. Este aumento da velocidade de expansión do universo depende da relación espacio-tempo, e correspóndese cunha constante proposta por Einstein na súa teoría da relatividade. Esta constante, aínda que proposta erróneamente polo científico para explicar que o universo non se expande, correspóndese coa actual enerxía escura. Esta enerxía representa o 73 % do Universo, pero non se coñece nin a orixe nin a súa composición. Polo que do universo soamente se estudou un 4%, pois o restante 23% representa a materia escura. Esta materia encóntrase na periferia das galaxias e descubriuse ó ver que a velocidad das galaxias non concordaba coa materia que se calculaba que tiñan.

Esta teoría conleva polo tanto ó afastamento cada vez máis rápido dunhas galaxias doutras, co que ó cabo duns millóns de anos, estas distancias acadarán uns niveis tan elevados que non se poderá recoller información. A pesar disto e supoñendo unha contradicción, Pajares afirma que o universo non é infinito, se non que consta das tres dimensións convencionais (largo, ancho e profundidade) e a temporal, que aparece ligada a éstas. Aínda que tamén se baralla a posibilidade da existencia doutras dimensións a maiores (11 dimensions na “teoria M”)

acelerador

O outro dos temas que apareceu nos últimos tempos nos medios de comunicación foi o experimento realizado con neutrinos, consitente en facer percorrer unha nube de neutrinos unha distancia de732 km dende Suiza ata Italia, lugar onde se recollen os resultados. Parece ser que estas partículas son capaces de viaxar a maior velocidade que á da luz. Aínda que se está a barallar a posibilidade de que os cálculos que substentan esta teoría sexan erróneos. Esta afirmación xera un grande conflicto, pois o tempo sería máis lento nuns lugares que noutros, xa que este depende da velocidade e do espazo percorrido. En términos máis abstratos, esta variación no límite da velocidade (establecido na velocidade da luz) suporía un “regreso ó pasado”.