Invasión de pole
Este ano non empezou ben para os alérxicos. O pole de árbores como cipreses ou arizónicas atacou entre xaneiro e febreiro, sendo especialmente molesto. Nestes meses chegaron a rexistrarse ata case 2.000 grans de polen por metro cúbico, cando con 25 ou 30 xa producen síntomas. O bo é que o ciprés ten períodos de polinización bastante curtos. Agora chegan as gramíneas , o alérxeno máis frecuente que poliniza durante toda a primavera. Este ano as previsións indican que será un dos peores nos últimos tempos.
Unha das recomendacións básicas dos alergólogos e coñecer os niveis de pole antes de saír da casa e actuar en consecuencia. Os datos da contaminación atmosférica tamén afectaron os últimos anos xa que a contaminación volve máis agresivo o polen. Por exemplo, o ozono ten a capacidade de lesionar directamente as mucosas do aparato respiratorio, de forma que as proteínas do pole fanlle máis dano.
A contaminación tamén explica por qué hai máis prevalencia de alerxias nas zonas urbanas. Hai varios estudios que amosan cómo as rexións máis contaminadas teñen poles máis agresivos. Isto tamén explica o aumento de persoas que padecen de asma e de alerxias. Estudios experimentais tamén mostran que o aumento das temperaturas e a concentración de CO2 fai que o polen se volva máis alérxico.
En España non hai datos do todo fiables acerca da proporción alérxica ao polen. A alerxia ao pole en España e moito máis agresiva que noutros países de Europa, debido a que a polinización é moito máis intensa e máis prolongada.
A cantidade de pole tamén varía segundo como sexan os invernos. Canto máis chova no inverno, máis pole haberá no ambiente durante a primavera. No total do pole das gramíneas recollido en cada temporada podemos encontrar unha certa relación coa chuvia, a humidade e as temperaturas rexistradas durante os meses de outubro a marzo.