Invasión das lámpadas LED

8 Outubro 2014
LEDs

Décheste de conta de que o LED conquistou ata o último curruncho onde se require un punto de luz?

Os LED son pequenos compoñentes electrónicos formados por semicondutores que emiten luz cando pasa por eles una corrente eléctrica. Por exemplo, son amplamente utilizados para a iluminación de pantallas de televisión ou de dispositivos como os teléfonos móbiles. As lámpadas LED aínda están no seu inicio como fonte de iluminación para uso doméstico, pero xa destacan pola súa eficacia luminosa e reducido consumo. En xeral son o tipo de iluminación cunha maior vida útil, segundo o fabricante, poden durar entre 25.000 e 30.000 horas ou máis, o que significa que poden pasar entre 10 ou 20 anos antes de ter que cambiar unha destas lámpadas. A eficacia luminosa dun LED, é dicir, a cantidade de luz que emite en relación á enerxía que consume, en xeral é superior á de outro tipo de lámpadas. Unha lámpada LED gasta un 80% menos de enerxía eléctrica, semellante ao aforro que supón unha lámpada fluorescente, pero nas LED o acendido é instantáneo, mentres cas lámpadas fluorescentes máis comúns tardan algo de tempo en funcionar a pleno rendemento.

LEDS-1

Tamén o uso de LEDs no ámbito da iluminación (incluíndo as sinalizacións de tráfico) é moderado e é previsible o seu incremento no futuro, xa que as súas prestacións son superiores ás das lámpadas incandescentes e fluorescentes, desde diversos puntos de vista. Así mesmo, as LEDs poden producir luces de diferentes cores cun rendemento luminoso elevado, a diferenza de moitas das lámpadas utilizadas ata agora que teñen filtros para lograr un efecto semellante (o que supón unha redución da súa eficiencia enerxética).

Isto significa que teremos que  esquecernos das lámpadas convencionais e pasarnos a LED?