Inundados polos residuos
Que imaxe daría se na próxima década se multiplicase por dez a cantidade de plástico que agora hai no mar? Cada ano son vertidos aos océanos entre cinco e trece millóns de toneladas de plástico. Esta situación se agrava cada día, e se nos próximos anos a comunidade internacional non mellora a súa xestión de desfeitos, nos encontraremos nas praias dez veces máis desperdicios dos que xa hai agora.
Hoxe en día é normal acercarse ata a praia e ver bolsas flotando na costa, botellas baleiras e envases de comida. Nos últimos anos abordáronse moitas investigacións acerca deste tema e, sen embargo, a cantidade de plástico que remataba nos mares cada ano era descoñecida. Un grupo de investigadores da Universidade de Georgia avaliou os residuos deste tipo que vertían 192 países costeiros ao mar.
Para saber a cantidade de plástico que chega ao mar pártese dun modelo de todas as fontes de desfeitos mariños. O tamaño da poboación do país, xunto coa calidade dos sistemas que empregan para administrar desperdicios, determinan a cantidade de desfeitos que tal rexión xera para rematar no mar.
Ata agora o que se avaliaba era a cantidade de contaminación por plástico no océano con barcos afastados da costa, remolcando unha rede de plancto e contando cada peza individual de plástico recollida.
Entre as distintas fontes de verquidos hai vinte países que son os que contribúen en maior medida a converter os océanos nun gran vertedoiro de plásticos
É certo que en enxeñería ambiental avanzouse en sistemas de reciclaxe e xestión de residuos para protexer a saúde humana e o medio ambiente, sen embargo, estas proteccións non están dispoñibles por igual en todo o mundo.
Por outra banda, hai que ter en conta non só a cantidade de toneladas que ao ano entran nos océanos, se non tamén que no mar xa hai entre 6 350 e 245 000 toneladas que flotan pola superficie dos océanos. Se estima que no 2025, a cantidade acumulada de plásticos será de 155 millóns de toneladas.
En conclusión, estamos sendo inundados polos nosos propios residuos. E non solo nos afectan a nós, se non que tamén afectan á vida mariña que se atopa nos océanos, eles tamén saen moi prexudicados, dende peixes, pasando por tartarugas e ata as aves.