Instrumentos tradicionais galegos. A Zanfona

2 Decembro 2011
zanfona

É un instrumento cordófono que está en Galicia desde a Idade Media. Estaba moi ben considerado e usábano os da corte, da igrexa e os trovadores. Nos séculos escuros esqueceuse e pasou a mans do pobo, especialmente dos cegos que o empregaban para acompañar os cantares de relatos das novas. Arredor de 1950 foi recuperado por Faustino Santalices.

Xeralmente ten cinco cordas. A caixa recorda a forma dun violín máis grande e alto, construída con madeira flexible para que vibre mellor e amplifique o son.

Ten unha pequena táboa de madeira en forma de ponte pola que pasan tres cordas atadas a unhas tablillas de madeira e dúas cordas que van por fóra e fan de bordóns (para afinar o instrumento e variar as notas). As espadiñas que forman o teclado pisan as cordas e forman a melodía.

A zanfona tócase con catro dedos que moven as espadiñas mentras a outra man dalle voltas a unha especie de manibela.

http://youtu.be/k-WKzvUBmdw