Instrumentos tradicionais galegos. As tarrañolas
3 Outubro 2011
Son dúas pequenas táboas de madeira dura (xeralmente granadiño).
Son un instrumento do grupo dos idiófonos. Para tocalas tense que poñer unha no dedo anular da man dereita e a outra no dedo do lado. Unha amárrase coa man e a outra déixase solta para impulsala contra a outra. Tamén se poden facer redobles movéndoas máis rápido.
O ritmo máis común para tocar este instrumento é a muiñeira.