Instrumentos tradicionais galegos. A pandeireta

2 Novembro 2011
pandeireta

É un instrumento membranóforo de percusión formado por un aro de madeira de nogueira ou piñeiro cunhas ranuras nas que van metidas unhas ferreñas metálicas (de follalata), e unha das bases cubertas de pel (parche).

En todo o mundo collen a pandeireta coa man esquerda e golpéana coa man dereita. Pero en Galicia facémolo doutro xeito, temos unha maneira diferente de tocala. A man esquerda soe estar queda sostendo a pandeireta e coa man dereita dámoslle golpes para producir o seu son. Pódese variar o son golpeándoa de distintos xeitos: coa man pechada, coa man aberta, con distinta forza, riscando cos dedos...

See video