Instrumentos tradicionais galegos. O tamboril e o bombo

4 Novembro 2011
tamboril-bombo

Son dous instrumentos do grupo dos membranóforos.

O tamboril é un instrumento de percusión con forma cilíndrica con dúas membranas de pel (parches) tensadas entre dous aros de madeira que van unidos entre sí por unha corda en zig zag. Na parte inferior leva varios bordóns que se regulan para variar o son ao tensar ou afrouxar os parches.

Para tocar empréganse dúas baquetas de madeira dura que se golpean contra o parche de diferentes xeitos. Xeralmente acompaña aos gaiteiros.

O bombo ten a mesma forma que o tamboril só que é de maiores dimensións e sen bordóns. Golpéase cunha maza. Xeralmente acompaña aos gaiteiros e marca o ritmo.

http://youtu.be/jsan2xLf1Sk