Instrumentos tradicionais galegos
Como en anos anteriores, o músico Xaquín Xesteira, veunos dar unha conferencia práctica para explicarnos como funcionan e como soan algúns dos instrumentos tradicionais galegos. Estivo acompañado polos nosos compañeiros Roi, Anxo e Miguel e contou tamén coa axuda dalgún profesor.
A actividade foi organizada polos departamentos de Música e Ciencias Naturais, aproveitando que estamos a estudar o son.
Clasificación dos instrumentos e algúns exemplos:
INSTRUMENTOS IDIÓFONOS: funciona batendo algo contra algo.
Cunchas de vieira: soan polo rozamento dunha contra outra, pódense facer pianos e fortes.
Culler: hai varios tipos: de madeira, de metal e psicodélicas; as culleres soan co batemento dunha contra outra.
Tarrañolas: son dúas táboas postas entre os dedos; unha fixa e outra móvil.
Charrasco: fai tres funcións: bombo, pandeireta e tambor. Soa co batemento contra o chan ou contra un pau; este instrumento foi atopado no 1986.
INSTRUMENTOS MEMBRANÓFONOS: funcionan cunha membrana.
Pandeiro cadrado: é unha pel metida nun marco cuns axóuxeres no seu interior, soa polo batemento das mans contra o pandeiro.
Pandeireta: ten unha soa membrana e ferreñas, tócase batendo a man contra o parche e movendo a outra man á vez.
Tambor ou Tamboril: está feito de madeiras flexibles e non moi duras, ten dúas membranas, unha corda de cáñamo e un bordón que é tripa de animal; e ademáis o tambor pódese tensar.
Bombo: soa golpeando o mazo contra un dos dous parches.
INSTRUMENTOS AERÓFONOS: funciona aplicándolles vento.
Acordeón: soa co aire que ten no fol, hai dous tipos : diatónico (só ten dúas tonalidades Do-La) e cromático (ten todas as tonalidades).
Birimbao ou Arpa de boca: que soa co aire do corpo e tocando cos dedos á vez.
Requinta ou Frauta traveseira: soa co vento que nós lle proporcionamos.
Gaita: é un aerófono mixto, é o instrumento máis representativo da música folclórica galega. Adoita estar feito de madeiras duras. Ten varias partes:
O fol, onde se almacena o aire; o soplete, por onde se introduce o aire no fol, a palleta, parte que transforma o aire en sons; o punteiro, por onde saen os sons; o ronco e a ronqueta, para adornar a melodía; o pallón, peza que permite facer soar o ronco; a ronqueta: sirve para adornar a melodía.
A parte disto a gaita soa porque o aire fai vibrar a lingueta e esta transforma o aire en sons. Hai varias tonalidades entre elas: Tumbal (grave), Redonda (media) e Grileira (aguda).
INSTRUMENTOS CORDÓFONOS: funcionan mediante cordas .
Zanfona: ten con cinco cordas, funciona xirando unha manivela que move a roda e fai fregar cinco cordas (dúas son bordóns e tres son cordas cantantes) que pasan polo entornado de paus (espadilla); este instrumento utilízase dende a Idade Media.
