Informe mundial sobre as aves

Unha de cada oito aves está en perigo de extinción
9 Outubro 2013
garzota

A organización BirdLife International presentou un completo informe sobre o estado de 10.000 especies de aves no mundo.

O Informe State of the world’s birds: Indicators for our changing world (Estado das Aves do Mundo: indicadores do noso mundo cambiante) deuse a coñecer durante o congreso mundial de BirdLife International que se celebrou en Otawa (Canadá) no pasado mes de xuño. Esta organización agrupa a 121 ONGs de todo o mundo e conta con 13 millóns de socios e seguidores.

Algúnhas das conclusión do informe:

-A avifauna mundial segue a deteriorarse. A aves enfróntanse a numerosas ameazas: destrución e degradación dos seus hábitats (sobre todo polas prácticas agrícola),  tráfico de especies, a introdución de especies invasoras…

-As aves amosan o estado xeral da natureza xa que son un gran indicador do estado do medio ambiente.

-Numerosas especies están en perigo: 727 están consideradas como vulnerables,  389, en perigo de extinción e 197 en perigo crítico de extinción.

-Os traballos realizados conseguiron salvar da extinción a algunhas especies.

-Os membros de BurdLife International identificaron os lugares naturais máis importantes do mundo (Important Bird and Biodiversity Areas-Áreas Importantes para as Aves e a Biodiversidade ou IBA). Teñen documentados 12.000 lugares  de interese de todos os continentes.

Máis información

aves informe