A impresión que escoita

29 Maio 2013
orella

Un grupo de científicos usaron unha impresora en tres dimensións cargada de células e nanopartículas de prata para crear  unha orella biónica na que o cartílago está combinado cunha antena que capta as mesmas frecuencias sonoras ca unha orella humana.

Estes científicos crearon un órgano completamente funcional que reproduce e incluso amplía as capacidades do seu homólogo humano. Afirman nunha revista científica; «Temos o potencial de crear -pezas- personalizadas para reparar o corpo humano ou incluso órganos con capacidades que superan as propias da bioloxía humana», conclúen os científicos.

As  tecnoloxías de impresión 3D, que  demostraron o seu enorme potencial replicando a forma da orella, son capaces de combinar e integrar tecidos vivos con compoñentes electrónicos, o que no futuro permitirá incorporar toda clase de sensores ao corpo humano.

Semella que a tecnoloxía de impresión 3D vai a supor un cambio tecnolóxico radical en moi diferentes disciplinas, así nestes últimos días xa se falaba de aplicacións na automoción, en ciruxía, en tecnoloxía espacial…