A idade das Rías Galegas

Recentes investigación revelan novedades na orixe do litoral galego
9 Abril 2013
ría Arousa

Sen lugar a dúbidas o tipo de formación máis característico da costa galega son as rías, e foi precisamente en Galicia onde foron estudados científicamente estes elementos do litoral en 1886 por un xeólogo e xeógrafo alemán, Ferdinand von Richtofen, momento a partir do que o termo ria é empregado na linguaxe científica internacional para designar este tipo de costa, da que tamén podemos atopar exemplos nas Illas Británicas, Croacia ou en países tan afastados como México, Papúa-Nova Guinea, Australia ou Nova Celandia.

Está formación xeolóxica descríbese como un antigo val fluvial inundado polas augas do mar. No caso da orixe das rías galegas tradicionalmente pensábase que era o resultado combinado do aumento do nivel do mar provocado pola fusión de masas de xeo continentais situadas nas proximidades dos polos, fenómeno asociado a cambios climáticos alleos á intervención humana (a diferenza do actual cambio do clima), xunto co afundimento da codia continental na costa, o que se coñece como movementos epiroxénicos.

Pero traballos de investigación recentes coordinados polo xeomorfólogo galego Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, apunta a sinalar ao aumento do nivel do mar como principal causa, xa que este proceso parece ser que coincidiu con un movemento epiroxénico de ascenso da costa galega, e non de descenso, como se pensaba orixinalmente.

Previamente houberon de definirse as marxes costeiras do territorio galego a partir da fragmentación da Panxea II, supercontinente que abranguía a totalidade dos territorios continentais do planeta, coa apertura do Océano Atlántico hai 180 millóns de anos. Posteriormente, a erosión superficial do terreo levada a cabo polas correntes fluviais que foron aparecendo fundamentalmente sobre os sistemas de fracturas que sucesivamente afectaron á xeoloxía galega, creando zonas de debilidade nas que estes ríos foron escavando os seus vales, que nos seus tramos finais rematarían por ser anegados polas augas oceánicos como consecuencia da mencionada elevación do nivel do mar. Deste xeito, en función da antigüidade destas fracturas, pode datarse a orixe das Rías Baixas hai 110 millóns de anos, as Altas 25 e as Medias 5.

Outro feito que tivo unha influencia fundamental na conformación do territorio galego foi a apertura do Golfo de Biscaia e a formación dunha zona de subdución no norte da Península Ibérica durante a Oroxenia Alpina, nun período entre 50 a 25 millóns de anos, que recortaría a costa norte e xeraría a Cordilleira Cantábrica, que en Galicia prolóngase no sur ata os montes do Paradanta en Pontevedra ou a Serra do Xurés en Ourense, e que tería como consecuencia a elevación da zona central da nosa xeografía, cortando o curso e desviando a traxectoria de moitos ríos ata configurar a actual rede fluvial galega, no que destaca o río Miño, de formación máis recente e máis influída por este proceso de elevación, que impediu a inundación do val na súa desembocadura, polo que este río remata nun esteiro e non nunha ría.

rías formación